martes, 10 de mayo de 2022

Temporalización actividades

 

Calendario Febrero 

Lunes

Martes

Miércoles

Jueves

Viernes






3

4

5

6

7

10


11

12

Actividad 1

(Antes de la salida)

13

14

Actividad 2

(Antes de la salida)

17



18

19


20

21

Actividad 4

Salida porque el día 23 es el día de Rosalía de Castro

24

25

26

Actividad 5

(Después de la salida)

27

28

Actividad 6 (Después de la salida)

martes, 26 de abril de 2022

Contextualización

Para darvos un pouco máis de información sobre o nos ben empezaremos por darvos unha contextualización xeográfica.

    O noso ben encontrase no concello de Padrón (Coruña) pero máis concretamente na calle "A matanza". Aquí os deixamos unha imaxe da súa localización e tamén un enlace no que poderes entrar e así poidades ver mello onde se encontra

 

https://goo.gl/maps/1mXYxkiFKYsDYvqw7





    Antes de comezar coa contextualización histórica gustaríanos falarvos un poco máis sobre Padrón, o concello no que se encontra o nos ben patrimonial.

    Dito concello é a porta natural da ría de Arousa e está situado no límite xeográfico entre o sur da provincia da Coruña e o norte da provincia de Pontevedra, separados polo río Ulla.

    Padrón xunto cos municipios de Dodro e Rois forman a Comarca do San.

    Padrón ten unha superficie de 48,4 kilómetros cuadrados  na que viven 8.581 habitantes e esta distribuido en cinco parroquias: San Pedro de Carcacía, Santa María de Cruces, Santa María de Herbón, Santa María de Iria Flavia e Santiago de Padrón.

    Cando falamos de Padrón dende unha perspectiva socioeconómica podemos caracterizalo pola súa estrutura económica, xa que, ademáis de ser considerado unha despensa natural para Galicia gracias ao seu clima cálido e chuvoso, nas últimas décadas creceu industrialmente xa que supo converter os seus atractivos turísticos e o paso do Camiño Portugués nunca nova fonte de riqueza e así poder desenvolver un sector de servicios equilibrado para o municipio.


2. Contextualizacion histórica: Para esta contextualización levamos a cabo un pequeño traballo de investigación utilizando a información obtida en libros, Artígos, Webs, Videos....


martes, 19 de abril de 2022

Actividades

Realizaremos unha serie de actividades que se levarán a cabo previamente na aula, durante a saída educativa e posteriormente a saída educativa. 

Actividade 1:

Primerameirante partiremos realizaremos unha actividade para saber o punto de partida dos rapaces e rapazas. Comezaremos facendo unha breve asamblea, facendo preguntas sobre quén é Rosalía de Castro, donde naceu, se coñecen algunha das súas obras, etc. A continuación ensinaremoslle un video feito polo alumnado de Ceip Juan Rey, onde explica a súa biografía. A elección deste video parecenos interesante porque son nenos os que narran a historia e os debuxos tambén son feitos por eles. 


Actividade 2:
Tendo en conta que na actividade anterior xa falamos das obras de Rosalía, nesta actividade vamos a profundizar mais en concreto no poema "Adiós Ríos, Adiós fontes"
O obxetivo de esta actividade e interiorizar e "aprender" o poema, para isto o que vamos a facer e escoitar, repetir e bailar coa versión musical que existe do poema. 





Para finalizar con esta actividade vamos a crear un marca páxinas, para isto, entregaremos unha plantilla a cada alumno e alumna que terá que decorar da forma que máis lle guste, ademais de incorporar o nome da autora. 



Actividade 3:
Como actividade previa a saída didática que faremos a "Casa de Rosalía", elaboraremos unha "casiña" con paus de madeira na que incorporaremos versos dalgún dos poemas da autora. Cada neno ou nena escollera os versos que máis lle gusten, a casilla acompañarnos na visita a casa xa que, unha vez alí poderana deixar colgada nas casa que se atopan no entorna da casa museo. 


Actividade 4:
Saída didactica a "Casa museo" de Rosalía De Castro.




Actividade 5:
Quebracabezas da fachada da "Casa de Rosalía". De maneira individual cada alumno e alumna recibirá un perfil en blanco da fachada da casa, tendo en conta que xa visitaron dita casa o que vamos facer e que cada neno e nena, con distintos meteríais faga unha representación da casa. 




Actividade 6:
Representación da  "Casa de Rosalía". De maneira individual cada alumno e alumna recibirá un perfil en blanco da fachada da casa, tendo en conta que xa visitaron dita casa o que vamos facer e que cada neno e nena, con distintos materiais como gomets, papeis, pompons, etc




¿Quenes somos?

Comezamos presentándonos, somos catro mulleres que estamos a cursar a asinatura de Aprendizaxe das Ciencias Sociais no grao de Educación infantil, concretamente no Campus de Pontevedra. 

A finalidade da creación de este blog é un proxecto para indagar sobre un ben patrimonial e subir toda a información a esta plataforma e así tamén aprender e experimentar no mundo virtual. 
Faremos unha breve presentación e contextualización do ben e plantearemos unha seria de actividades para levar a cabo nunha escola infantil. 

O noso ben patrimonial elixido é a casa-museo de Rosalía de Castro. Comezamos facendo unha choiva de ideas, pero pensamos en buscar algún ben que sexa moi cercano a nós, que xa coñecéramos moi ben é unha das ideas foi Rosalía de Castro. Puxémonos a indagar na súa páxina oficial "Fundación Rosalía de Castro" e o que nos chamou a atención e así demos o paso adiante é que este ano, a súa casa, está de 50 aniversario. 

    "A Casa da Matanza abriu ao público o 15 de xullo de 1971, pero non foi ata o ano seguinte cando sería musealizada en base ao proxecto realizado por Xosé Filgueira Valverde. É por iso que as celebracións e actividades deste 50 aniversario durarán un ano, de xullo de 2021 a xullo de 2022."
    "A historia da Casa de Rosalía é a historia dun logro colectivo. A Casa da Matanza convertiuse en Casa-Museo en pleno franquismo grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración. O Patronato Rosalía, creado en 1947, convertiuse en refuxio do galeguismo, con actos, como a Misa de Rosalía en Bonaval, que eran auténticos encontros de afirmación galeguista. Nin sequera o franquismo puido facerlle fronte á vontade popular de recuperar esta Casa."
    "Daquela participaron centos de persoas anónimas de Galicia a partir da proposta de José Manuel Rey de Viana, organizáronse colectas en moitas vilas e en case todos os centros galegos na emigración, uníronse máis de 60 concellos, varios bancos, a Federación de Caixas de Aforros, o Celta de Vigo, a Federación Galega de Ciclismo e innumerables asociacións de todo o país. Ao final, colleitouse un total de 994.043 pesetas en 1971."
Así foi como comezou o noso traballo de investigación sobre a historia da Casa de Rosalía de Castro e de ahí ven o título do noso blog, dun libro publicado por Rosalía. 

Con este traballo tentamos conseguir que os nenos e nenas da escola coñezan a Rosalía de Castro e a súa casa-museo, identifiquen algunha das moitas obras e poemas que publicou e por último, que valoren a literatura galega. O noso colexio no que implementaremos este proxecto leva por nome CEIP Rosalía de Castro, situado en Padrón. No curso en que se levará a cabo é o terceiro curso de 
Educación Infantil. 

 

Autoras: Natalia Blanco; Cristina Cereijo; Zaira Díaz; Sarai Samartín